O BPO preséntase como unha das mellores instalacións a nivel nacional para realizar todo tipo de actividades extreme bike.
Concibido para satisfacer as necesidades dos Riders máis esixentes, o Bike Park Outerio nace co propósito de ofrecer unha instalación esixente, á vez que divertida e segura. A súa versatilidade e polivalencia fan que sexa apta para todo tipo de públicos, ata mozos e nenos que se inician no apaixonante mundo da bicicleta.

Cun coidadoso deseño e unha excelente execución, PROMOTIONSPORT conseguiu materializar un proxecto demandado polos fans destas disciplinas na comunidade galega e arredores.

Ademais do propio deseño, un dos principais atractivos deste BIKE PARK é o seu dinamismo. Xorde como un novo concepto de BikePark 2.0 onde a evolución, os constantes cambios e as novidades van estar á orde do día, sorprendendo tanto aos usuarios como aos espectadores.

Outro factor crave á hora de definir o proxecto é a Seguridade. Trátase dun circuíto moi seguro, onde as recepcións e zonas de manobra están perfectamente resoltas.

Ademais das disciplinas anteriormente mencionadas, poderanse practicar outras alternativas como BMX ou simplemente BTT por diferentes rutas complementarias.

Unha singularidade máis deste circuíto vai ser a súa constante evolución. A medida que vaian pasando os meses, iranse modificando algúns obstáculos e percorridos, de tal maneira que os usuarios experimenten novas sensacións.