Un dos servizos que ofrecemos en PROMOTIONSPORT é a impartición de cursos relacionados co mundo da Bicicleta.
A través da nosa escola PROMOTION BIKE SCHOOL, poñemos a disposición dos nosos clientes todo tipo de cursos e talleres para mellorar as súas experiencias sobre as dúas rodas.

Un dos cursos que máis éxito ten é o de SEGURIDADE VIARIA, enfocado a nenos e novos, e cuxa misión é aprender as normas e criterios básicos da circulación en bicicleta, incrementando así a seguridade e mellorando a convivenia co resto de vehículos e peóns.

Trátase de ensinar aos máis pequenos as normas de circulación, as principais regras de convivencia entre vehículos e peóns, e a formación en valores como a prudencia, o respecto e a responsabilidade.

Nestes cursos, os nenos, aprenden a coñecer a bicicleta, o uso e a colocación das proteccións e elementos de seguridade, os criterios básicos de circulación, os sinais e normas de tráfico, e sobre todo, que situacións poden ser perigosas e as súas consecuencias.

A través de xogos en pequenos circuítos de simulación urbana, os máis pequenos van adquirindo os coñecementos necesarios en materia de Seguridade Viaria, á vez que melloran a súa técnica e destreza sobre a bicicleta.

Esta metodoloxía de aprendizaxe é divertida e eficaz, sendo os propios nenos os que demandan este tipo de actividades.

Na actualidade estamos a preparar os cursos e talleres para a campaña verán 2017. Principalmente desenvólvense nas nosas instalacións do BIKE PARK OUTEIRO en Vilalba, pero debido á demanda, estamos a organizar unha serie de talleres itinerantes por diferentes puntos da xeografía galega.

Ademais dos cursos de SEGURIDADE VIARIA, tamén dispoñemos dun importante catálogo de cursos BIKE, como son: Condución de bicicletas (niveis I, II e III), Mecánica de Bicicletas, Preparación Física no Ciclismo, A Bicicleta e a súa Contorna, BTT Experience, Racing BTT e os propios das diferentes técnicas específicas como son Dirt Jump, Trial, Four Cros e BMX.

Un das principais calidades de PROMOTIONSPORT é o noso espírito de superación, por iso creamos PROMOTION BIKE SCHOOL. Trátase dun novo proxecto onde transmitimos a mozos Riders e a calquera afeccionado que teña ganas de mellorar.

Co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e a evolución técnica dos Riders, preparamos unha serie de actividades didácticas que abarcan todas as disciplinas e niveis. Para iso, combinaremos as nosas magníficas instalacións cos mellores profesores do sector.

As actividades de formación realízanse con diferentes formatos, de maneira que sexan divertidos e amenas, aptas para todos os públicos.