Dentro da filosofia promotionsport está o afán de superación constante, por iso, ocorréusenos incluír os nosos servizos nun sistema de cronometraxe específica para cada proba. Os participantes poderán avaliar os seus tempos e volarar o rendimento e o esforzo realizado.

O sistema que ofrecemos está certificado e é utilizado en probas de BTT, running, carreiras populares, etc…

Seguindo coa filosofía de ofrecer calidade e servizo, desenvolvemos unha división de cronometraxe onde ofrecemos o noso sistema de medición e control de tempos CRONO+.
O sistema de cronometraxe CRONO+ é un método de control de tempos propio, onde se fusionan os coñecementos dos nosos técnicos, os mellores equipos de medida e un software específico, obtendo un rigoroso e eficaz servizo.