Para realizar con éxito calquera tipo de actividade Bike hai que estudar, deseñar e executar as infraestruturas óptimas, garantindo a seguridade e a protección ao medio ambiente, todo iso sen renunciar ao espectáculo e a diversión.

O Deseño de Circuítos;

É un dos aspectos polos que nos diferenciamos dentro do sector, ofrecendo produtos de alta calidade e de recoñecido prestixio.

A maioría das nosas instalacións contan coa firma de importantes Riders do circuíto internacional.

O proxecto Bike Park consiste en crear un parque de actividades deportivas e de recreo en torno ao mundo da Bici. Este centro de actividades adóitase desenvolver en lugares singulares que reúnen as condicións idóneas para satisfacer as necesidades dos organizadores, os usuarios e o público.

Para iso, aprovéitanse ao máximo as instalacións existentes respectando en todo momento o medio ambiente. Neste parque ou centro de lecer, prográmanse un sen fin de actividades durante todo o ano e para todos os públicos.
O programa de actividades que pode ofrecer un Bike Park é moi amplo e variable en función de diferentes condicionantes, nós dividímolas en tres seccións

Actividades específicas bike;

Como son o Cros Country, Dirt Jump, Down Hill, Four Cros, Pump Truck…

Actividades complementarias;

Como son Talleres, Charlas, Concertos, Outros deportes, Gastronomía… para todos as públicos familias, nenos e turistas.

Eventos relacionados
O BIKE PARK é o elemento ideal para potenciar a actividade nunha determinada zona, contribuíndo ao desenvolvemento territorial, xerar postos de traballo e fomentar o deporte e a natureza.
Trátase dun produto atractivo, novo e divertido, onde o espectáculo se alía coa técnica e o esforzo para ofrecer un conxunto de sensacións inesquecibles tanto como para o usuario como para o espectador. Ciclismo, sociedade, xeografía, turismo.
Nas nosas propostas de Bike Park ofrecemos diferentes alternativas tanto a nivel técnico como económico, con plans de viabilidade, desenvolvemento e rendibilidade.